Escoitar

O Concello cooperará na mostra fotográfica sobre a industria conserveira polo 110 aniversario de ANFACO

O alcalde, Abel Caballero, e o secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel Vieites, mantiveron este mércores unha reunión na que o rexedor asegurou a cooperación do Arquivo Pacheco para esta mostra, que terá lugar en outubro. Caballero tamén lle trasladou que a confluencia de Beiramar coa rúa Coruña será bautizada como a Praza da Industria Conserveira.

mércores, 12 feb 2014
1392209510anfaco.JPG
Caballero puxo en coñecemento de Vieites que posiblemente no próximo Pleno, a celebrarse a finais deste mes tras acadar o acordo unánime dos grupos políticos na correspondente comisión previa, a Corporación aprobará nomear Praza da Industria Conserveira á confluencia de Beiramar coa rúa Coruña.

Por outra banda, e en relación ao 110 aniversario de ANFACO, o Concello cooperará coa entidade na organización e desenvolvemento dunha exposición fotográfica, con fondos do Arquivo Pacheco, que terá lugar en outubro sobre a evolución da industria conserveira na cidade. Caballero avogou por "darlle a importancia que ANFACO ten", tanto dentro como fóra de España.
Descargar todas as imaxes