Escoitar

Concursos de comparsas e carrozas e de disfraces do ENTROIDO 2014

A Concellería de Cultura e Festas, xunto coa comisión organizadora do ENTROIDO 2014, composta pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", convoca os tradicionais concursos incluídos no programa, que terá lugar do 28 de febreiro ao 5 de marzo.

venres, 14 feb 2014
1392377005mascara.jpg
O concurso de comparsas e carrozas celebrarase o sábado 1 de marzo ás 18:00 h, partindo de García Barbón (rotonda Isaac Peral) ata a Porta do Sol; a inscrición realizarase a través do Rexistro Xeral do Concello (praza do Rei, 1), ata as 13:30 h do venres 21 de febreiro. En total, repartiranse 13.000 € en premios, con tres primeiros de 2.500 €, 2.000 € e 1.500 €, respectivamente, e 14 accésit de 500 € cada un deles.

Pola súa banda, o concurso de disfraces celebrarase na praza do Rei, o domingo 2 (concurso infantil) e o luns 3 (xeral) de marzo; a inscrición, neste caso, realizarase na citada praza e o mesmo día, de 17:00 h a 18:00 h (o domingo para o infantil) e de 17:30 h a 18:30 h (o luns para o xeral). En total repartiranse 1.200 € en premios por distintas categorías.
Descargar todas as imaxes