Escoitar

O goberno local adica un millón de euros a asfaltar 27 rúas no centro e nas parroquias

Se o tempo o permite, o Concello iniciará o plan de asfaltados o 31 de marzo na rúa Saa e continuará con Portoloureiro, Pontenova, Monte Alba, Leonardo Alonso, Fragoselo e Camiño Romeu, entre outras obras nas parroquias. O alcalde avanzou que o 22 de abril comezará en Tomás Paredes a mellora doutros 13 viais no casco urbano.

xoves, 20 mar 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o comezo o 31 de marzo dun plan de asfaltados para o que o goberno local investirá máis dun millon de euros na mellora de 14 rúas nas parroquias e 13 no casco urbano, a executar nos meses de abril e maio.

Desde o 31 de marzo, e se as condicións climatolóxicas son favorables, o Concello iniciará nas parroquias este plan, co asfaltado das rúas Saa, Portoloureiro, Pontenova, Monte Alba, Leonardo Alonso, Fragoselo e Camiño Romeu, para continuar posteriormente cun segundo lote nos viais Avenida do Tranvía, Camiño Arieiro, Camiño Raposeira, CEIP Carballal, Doutor Corbal, Goleta e Severino Cobas.

No tocante ao casco urbano, Caballero anunciou o inicio das melloras para o 22 de abril, comezando con Tomás Paredes e seguindo co túnel da Praza de América, Gerona, Xose Frau, Don Quijote, Sergio Saborido, Cachamuíña, Caracas, San Amaro, Heraclio Botana, Ricardo Portela, Juan Ramón Jiménez e a rúa Paz.