martes, 15 nov 2011
A Concellería de Igualdade programa para o mércores, 16 de novembro ás 19.00h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento" ,coa intervención de Luz Pérez Pereira, traballadora social da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA).
venres, 11 nov 2011
A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos: 13,20 e 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.
mércores, 9 nov 2011
A Concellería de Igualdade colabora no XVI Encontro Sindical da Muller, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro no hotel Coia co lema "Defende o teu futuro". O encontro está organizado polas secretarías da Muller de UGT , CCOO e CIG.
martes, 8 nov 2011
A Concellería de Igualdade colabora na XIX Xornadas de Mulleres Veciñais que baixo o epígrafe "A muller nos medios de comunicación" celebraranse os días 10 e 11 de novembro na sala de conferencias do Centro Cultural novacaixagalicia. As xornadas están organizadas pola Federación Veciñal Eduardo Chao".
martes, 8 nov 2011
A Concellería de Igualdade programa para este mércores, 9 de novembro ás 18.30h terá lugar na Casa das Mulleres o terceiro relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "Hábitos alimenticios para unha vida saudable", no que colabora o Plan Saúde do Concello de Vigo
mércores, 2 nov 2011
Este xoves, 3 de novembro ás 19 h, Beatriz Suarez Briones impartirá unha charla sobre "Kate Millet", dentro do ciclo MULLERES CON HISTORIA que acolle o Centro de Documentación e Recursos Feministas
luns, 31 out 2011
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de xénero o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o Concurso de Fotografía Dixital e Microvídeos co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.
martes, 25 out 2011
A concelleira de Igualdade, Chus Lago, e representantes do Consello Municipal da Muller de Vigo presentararon hoxe martes en rolda de prensa a iniciativa Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero, coa que se pretende formar unha gran cadea humana contra o machismo o vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No acto participaron tamén tres dos "Enlaces" que xa sumáronse a esta iniciativa: o cantante Nicolás Pastoriza, a música Patricia Moon e a pívot do R.C. Celta de Baloncesto, Deborah Rodríguez.
xoves, 20 out 2011
A Casa das Mulleres acolle durante o mes de outubro unha programación sobre "Muller e Ciencia" co fin de difundir e visibilizar as achegas das mulleres científicas á nosa sociedade. O ciclo está adicado á muller na Astronomía. O venres 21 de outubro ás 19.00 horas Josefina Ling, profesora de astronomía e astrofísica da Universidade de Santiago de Compostela pronunciará unha conferencia sobre " O papel das mulleres na astronomía".
xoves, 20 out 2011
O Consello Municipal da Muller quere fazer pública a sua repulsa diante do novo caso de terrorismo machista no que Cristina González Sacau de 39 anos foi asasinada a mans do seu marido. O Consello reuníuse o mércores, 19 de outubro, e aprobou por unanimidade a declaración de repulsa.