Escoitar

Os XVI Encontro Sindical da Muller celebranse en Vigo os días 10 e 11

A Concellería de Igualdade colabora no XVI Encontro Sindical da Muller, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro no hotel Coia co lema "Defende o teu futuro". O encontro está organizado polas secretarías da Muller de UGT , CCOO e CIG.

mércores, 9 nov 2011
1320834200muller2.jpg
As xornadas comezarán o xoves ás 10 horas co acto de apertura, no que participarán as secretarias da Muller da CIG, Consuelo Martínez, de UGT, Ángeles Arias, e de CCOO, Elena Rodríguez . Ás 10.30 horas a técnica de Emprego da Fundación Mujeres de CC.OO, Rocio Fraga, falará sobre as problemáticas e perpectivas laborais desde a incorporación ao mundo laboral ata a xubilación. Ás 12 horas Natividad López Gromaz, economista da CIG, ofrecerá un relatorio sobre as reformas nas pensións: como lles afecta ás traballadoras. Ás 13 horas Alberte Cea, orientador laboral do Concello de Vigo e de UGT, disertará sobre orientación e novo mercado laboral. Pola tarde, ás 16.00 horas terá lugar unha mesa redonda sobre atrancos culturais para conseguir a igualdade, na que intervirán Carolina Iglesias Vázquez, psicóloga de CCOO; Esther Mariño Costales,técnica de Igualdade da CIG e Laura López Atrio, profesora da UGT

O día 11, a sesión comezará ás 9.30 horas co relatorio "Invisibilidade das mulleres con algún tipo de discapacidade" a cargo de María del Carmen González Lloves, axente para o Desenvolvemento da Comunidade Xorda –ADECOSOR-. Ás 10:30 horas tratarase sobre a visibilidade dos distintos tipos de violencia contra as mulleres por parte de Carmen Clavería Prada, profesora de Pedagoxía e Rosa Fontaiña Pazos, coordinadora de Rede de Mulleres Contra os Malos Tartos e ás 13.00 horas terá lugar as conclusións e o peche das xornadas.
Descargar todas as imaxes