mércores, 9 nov 2011
Abel Caballero cualificou de "gravísimo" que a Xunta de Galicia abra a posibilidade de cobrar aos usuarios dos servizos médicos públicos e avanzou que "vou actuar contra esta norma" para que "sexa retirada". Trasladará ao departamento xurídico do Concello esta decisión autonómica para que estude o Concello persoarse contra a mesma.
mércores, 9 nov 2011
Abel Caballero asistiu este mércores ao IFEVI para presentar a cuarta edición da Feira de Liquidación de Stocks, que terá lugar este sábado e domingo en Cotogrande. A organización agarda a presenza de 25.000 persoas durante as dúas xornadas -en horario continuado de 10 a 21 horas- e a instalación de case un centenar de stands. O alcalde eloxiou aos comerciantes por "como tiran da cidade".
mércores, 9 nov 2011
O alcalde informou este mércores que a propiedade dos edificios desaloxados e a promotora do inmoble anexo en contrución presentan hoxe os seus informes técnicos ao Concello, para sumarse aos realizados pola Xerencia de Urbanismo e determinar así as condicións de habitabilidade dos mesmos. Abel Caballero reiterou que "entre hoxe e mañá" xoves os veciños do número 18 retornarán e os do número 20 o farán nun prazo máximo de dúas semanas.
Ao longo do presente ano, teñen participado 2355 escolares de 13 centros escolares da nosa cidade, pertencentes a 130 aulas de educación infantil e primaria
mércores, 9 nov 2011
A "Mostra Itinerante 2011", iniciativa didáctica municipal que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, remata unha nova edición este mércores 9 de novembro no Ceip García Barbón, na procura de seguir contribuíndo a desenvolver a creatividade no alumnado de educación infantil e primaria, a través do achegamento a arte no propio contexto escolar.
mércores, 9 nov 2011
O 13 de novembro de 2011, o MARCO cumpre nove anos dende a súa apertura ao público a finais de 2002. Con motivo desta celebración, o Museo prepara unha programación especial que se desenvolverá ao longo de nove días, con especial atención á fin de semana do 11, 12 e 13 de novembro.

mércores, 9 nov 2011
A Concellería de Igualdade colabora no XVI Encontro Sindical da Muller, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro no hotel Coia co lema "Defende o teu futuro". O encontro está organizado polas secretarías da Muller de UGT , CCOO e CIG.
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

mércores, 9 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de telecomunicacións, a realizar pola empresa TELEFONICA DE ESPAÑA, estará pechada ao tráfico a rúa CEAN, con Moláns e Bao, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 10 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

mércores, 9 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa RAMON NIETO INTERIOR, treito entre Ramón Nieto e o número 293, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 09 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.