martes, 8 novembro 2011

O alcalde indica que a expropiación dos terreos marca o "futuro" do aeroporto de Vigo

Este martes, AENA procedeu ao levantamente das actas previas á ocupación dos terreos afectados polo Plan Director de Peinador, "o futuro" do aeroporto vigués que inclúe o novo aparcamento de 2.500 prazas xa rematado e as obras "moi avanzadas" para a nova terminal de pasaxeiros. Caballero subliñou ademais que este trámite permitirá saldar a débeda que ven "de anos atrás" cos comuneros de Cabral, por valor de 7,2 millóns.

O rexedor adianta que veciños realoxados de A Seara e Colombia volverán "entre mañá e pasado" ás súas vivendas

martes, 8 nov 2011

Tras as inspeccións técnicas realizadas, Caballero apuntou que "o desaloxo de A Seara posiblemente remata hoxe mesmo" polo que "seguramente mañá" mércores os catro afectados do inmoble anexo retornarán ás súas casas. Por outra banda, os inquilinos do número 18 da rúa Colombia volverán "entre hoxe e mañá" mércores a casa e os do número 20 "nun prazo máximo de dúas semanas", tras ver os técnicos que os "danos" son "menores do que se preveían".

Caballero informa da concesión de 62.000 euros para 48 asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos

martes, 8 nov 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da tramitación dos pagos da achegas a 48 asociacións de nais e pais de alumnos e alumnas doutros tantos centros públicos de Vigo, unha achega total de 62.000 euros "consignada, pactada e acordada", sobre a que a edil de Educación, Raquel Diaz, informa hoxe aos responsables da Federación Olívica de ANPAS.

Nova charla do ciclo "Muller e saúde integral"

martes, 8 nov 2011

A Concellería de Igualdade programa para este mércores, 9 de novembro ás 18.30h terá lugar na Casa das Mulleres o terceiro relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "Hábitos alimenticios para unha vida saudable", no que colabora o Plan Saúde do Concello de Vigo

Anuncio de MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Pechada ao tráfico a rúa PARROCHA (BEMBRIVE)

martes, 8 nov 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa PARROCHA (BEMBRIVE), con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 09 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.<br />