Escoitar

Caballero agarda que veciños de Colombia e A Seara poidan retornar mañá martes ás súas casas

O alcalde de Vigo explicou que os técnicos de Urbanismo inspeccionan os edificios desaloxados na rúa Colombia e "cremos que van plantexar que os inquilinos do número 18 poderán volver" ás súas vivendas, non así os do número 20, que tardarán "algúns meses". En A Seara, onde Urbanismo derrubou un inmoble en condicións de ruina, Caballero estimou que mañá poderían retornar os catro afectados realoxados dun edificio contiguo.

luns, 7 nov 2011
1320674214Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou este luns que os técnicos de Urbanismo están a inspeccionar as vivendas desaloxadas en Colombia e en A Seara e agarda que os veciños poidan retornar ás súas casas mañá martes.

En declaracións aos medios, Caballero explicou que esta pasada fin de semana Urbanismo derrubou un edificio declarado en ruinas en A Seara, ante a inacción da propiedade. "Como medida preventiva", o goberno local realoxou a catro persoas dun inmoble colindante e, á falta da inspección técnica desta tarde, o rexedor indicou que "cremos que mañá poderán volver" a ocupar a súa vivenda.

Abel Caballero informou que a Xerencia municipal de Urbanismo, no transcurso dunha inspección xeral na zona, declarou o inmoble en estado do ruina, declaracións asumida pola propiedade o 21 de outubro pero non executada, obrigando ao goberno local a proceder á demolición. Os custos da mesma, así coma do realoxo, será trasladado á empresa encargada de realizar o derrubou.

No tocante á rúa Colombia, os técnicos municipais de Urbanismo avalian esta mañá os edificios afectados. A falta do seu informe, Caballero adiantou que "cremos que van plantexar que os inquilinos do número 18 poderán volver" as súas vivendas mañá, mentres que os veciños do portal 20 terán que agardar "algúns meses". O alcalde apuntou á promotora dun edificio contiguo como a causante dos danos nesta comunidade e terá que "facerse cargo de todos os custes" derivados desta situación.
Descargar todas as imaxes