Escoitar

O goberno vigués aprobou hoxe venres humanizacións por máis de 19 millóns de euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou dos acordos adoptados hoxe na Xunta de Goberno Local, onde aprobouse a tramitación para adxudicar, antes de finalizar o ano, humanizacións de rúas por máis de 15 millóns de euros, ademáis de adxudicar definitivamente a reforma en tres fases de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns de euros. Caballero defendeu as humanizacións como embelecedoras da cidade e xeradoras de postos de traballo.

venres, 4 nov 2011
1320424321alcalde5.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de humanizacións de rúas por importe superior aos 19 millóns de euros.

Segundo explicou, o goberno de Vigo deu luz verde á tramitación de humanizacións por valor de 15,2 millóns de euros a adxudicar este mesmo ano, ao tempo que aprobou a adxudicación definitiva dos traballos de reforma de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns.

En primeiro lugar, o Concello aprobou trámites para as humanizacións de Pintor Colmeiro, Ramón Nieto, Brasil, Nicaragua, Menéndez Pelayo, Doutor Marañón e as segundas fases de Aragón e Martínez Garrido. Estas reformas iniciaron o seu procedemento administrativo o pasado 7 de setembro e estarán adxudicadas antes de rematar 2011.

Por outra banda, o goberno local adxudicou definitivamente a reforma dos tres tramos de Severino Cobas, que realizaranse de forma simultánea, como indicou Caballero ante os medios de comunicación.

O alcalde de Vigo valorou as humanizacións como un "factor central" da política do Concello de Vigo, que concede "beleza e dignidade" á urbe e supón unha xeración de "miles e miles de postos de traballo". Caballero recordou que algunhas das melloras validadas afectan a "grandes viais estruturantes da cidade" e adiantou que "imos continuar sen parar facendo humanizacións".
Descargar todas as imaxes