ArtFutura, o festival de cultura e creatividade dixital, chega ao MARCO
Do 4 ó 26 de novembro organízase no MARCO a XXI edición do festival de Cultura e Creatividade Dixital ArtFutura 2011n que este outono ten por titulo "Repasando o Futuro" para explorar os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media e a cultura dixital.Do seu programa audiovisual destaca o documental "Connected" de Tiffany Shlain sobre a incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas.Ademáis ArtFutura 2011 ten como protagonista especial un dos novos documentais sobre cultura dixital: "Press, Pause, Play", así como a nova obra de animación de Rosto ("The Monster of Nix").
A edición deste ano ten como protagonistas dous novos documentais sobre a cultura dixital: "Connected" e "Press,PausePlay. Connected", dirixido por Tiffany Shlain, é un fascinante documental onde Shlain crea vínculos sorprendentes entre as abellas do mel e o estrés, as hormonas e a felicidade, a tecnoloxía e a natureza, e o progreso e as súas consecuencias no mundo actual. O resultado é unha película persoal con resonancia universal. Shlain foi unha das pioneiras de internet á que a revista "Newsweek" definiu como "unha das construtoras do século XXI". O filme foi estreado na última edición de Sundance e presentarase comercialmente en Estados Unidos este outono.
"Press,PausePlay", pola súa banda, está dirixido por David Dworsky e Victor Köhler e cobre tanto o campo musical como o do deseño e new media. Con máis de 150 horas de metraxe, o documental inclúe entrevistas con algúns dos máis influentes creadores da era dixital. Músicos e creativos como Moby, Bill Drummond, Ane Hilde ("Wire Magazine"), Brenda Walker, Christopher Weingarten ("Rolling Stone Magazine"), entre outros.
ArtFutura 2011 presenta ambos os dous documentais subtitulados ao español. En total serán máis de oito horas de imaxes de alto impacto, incluíndo tamén as últimas achegas en animación 3D, motiongraphics, videoxogos e efectos especiais.
Descargar todas as imaxes