Visita guiada á exposición de Lee Miller
O Servizo de Turismo Xuvenil da Concellería de Xuventude convida ós mozos e mozas de Vigo a unha visita guiada para percorrer os mellores traballos de Lee Miller, un dos grandes nomes da fotografía do século XX. A visita terá lugar o xoves, día 3 de novembro, ás 18 horas no C.C. da Fundación Novacaixagalicia.<br />
Durante a visita farase unha viaxe a través de 96 fotografías que nos mergullan nalgúns dos acontecementos do século XX sobre a guerra e a moda, da mán dunha das grandes fotógrafas da historia.
Ao longo dos seus setenta anos de vida, Miller destacou como fotógrafa en campos tan dispares como a moda ou como correspondente de guerra. Seus son algúns dos retratos máis importantes de grandes artistas do seu século como Picasso, Ernst, Man Ray, Margaret Bourke-White e Tàpies, entre outros, ou algunhas das imaxes máis impactantes da II Guerra Mundial.
Lee Miller impregnou o seu traballo da influencia surrealista que lle veu dada pola relación que mantivo con Man Ray e o círculo de artistas no que se movía: Duchamps, Picasso, Magritte, Cocteau e o que sería o seu home, Roland Penrose. Das reportaxes de moda, pasou a correspondente de guerra para a revista Vogue, converténdose así, xunto con Margaret Bourke-White, en pioneira do que hoxe coñecemos como fotoxornalismo.
Descargar todas as imaxes