O Pleno reclama á Xunta que conceda a Peinador a mesma achega económica que ao aeroporto de Santiago
Os grupos políticos socialista e nacionalista, coa oposición do PP, aprobaron este luns unha moción do PSdeG instando ao goberno autonómico a conceder axudas da mesma magnitude ao aeroporto de Vigo e de Santiago, para evitar a competencia desleal. O acordo tamén reclama que a Xunta de Galicia elabore un plan equilibrado para as tres terminais aeroportuarias galegas.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo insta á Xunta de Galicia a conceder as mesmas achegas económicas ao aeroporto de Peinador e de Lavacolla, en Santiago de Compostela.
A moción, presentada polo grupo socialista e aprobada co respaldo nacionalista e a oposición do Partido Popular, reclama igualdade de trato ao efecto de "evitar a competencia desleal que está facendo desde o aeroporto de Santiago coa subvención dunha compañía de baixo custo, financiada cos impostos de todos os galegos".
Segundo indica o texxto, o proxecto de orzamento da Xunta para 2012 consigna un millón de euros para a promoción de voos en Lavacolla, polos 150.000 euros adicados ao aeroporto de Peinador.
A Corporación tamén deu luz verde a unha enmenda de engádega do grupo nacionalista para demandas do goberno de Núñez Feijóo a elaboración dun plan equilibrado para as tres terminais aeroportuarias galegas.
Sanidade
O partidos socialista e nacionalista sacaron adiante outra moción presentada polos primeiros, e coa oposición do PP, demandando á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que "revogue a orde de suspensión das consultas de saúde xinecolóxicas e proceda a súa restitución con carácter inmediato".
A Consulta de Saúde ou preventiva Xinecolóxica foi suspendida a principios deste ano na área de Vigo, polo que as mulleres que desexan ser valoradas por xinecoloxía "deben presentar algún problema de saúde" diagnosticado polo médico de atención primaria. O texto aduce que, pese ás "múltiples protestas das cidadás, dos profesionais e dalgunhas centrais sindicais", Sanidade "persiste na súa actitude inxusta, retrógrada e indolente" á vez que "introduce un novo retroceso nos logros do noso sistema sanitario e nos dereitos esenciais das mulleres".