Escoitar

O Pleno aproba definitivamente a conxelación real das tasas municipais para 2012

A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, presentou no Pleno da Corporación para a súa aprobación definitiva a conxelación real dos impostos e taxas municipais para o próximo ano. Tal e como indicou, aplícase así o IPC do 3,8% interanual do mes de abril, como ven sendo habitual no Concello de Vigo. "A proposta consolida Vigo como unha das cidades con menor carga fiscal e mellores servizos", apuntou.

luns, 31 out 2011
O Pleno do Concello deu luz verde á aprobación definitiva da actualización de taxas e impostos municipais segundo o IPC. Os votos de socialistas e nacionalistas permitiron sacar adiante unha actualización do IPC do 3,8 por cento, o correspondente ao índice interanual do mes de abril, tal e como ven sendo habitual no Concello de Vigo nos últimos anos.

A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, indicou que esta proposta "consolida Vigo como unha das cidades con menor carga fiscal de toda España, sen desmellorar os servizos. Tamén se actualizarán na mesma porcentaxe as cantidades mínimas a percibir polos cidadáns e familias que poidan acollerse á exencións de pago dalgunhas das taxas, como por exemplo o lixo.

No caso concreto do Imposto de Bens Inmobles, cunha suba do 3,68%, menor ao IPC, 3,68%- o que significa un 3,3% menos do coeficiente de actualización, tal e como explicou a edil socialista na súa intervención.