A Corporación insta á Xunta e ao Goberno de España a que Vigo sexa incluída na rede transeuropea de alta velocidade
Cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a abstención do PP deuse luz verde na sesión plenaria desta mañá a unha moción que insta á Xunta e ao Goberno Central a que Vigo sexa incluída na rede transeuropea de alta velocidade ferroviaria. O texto aprobado, defendido polo socialista, Carlos López Font, tamén solicita que a Unión Europea refaga os seus estudos sobre a rede portuaria europea para percibir a importancia da terminal viguesa no transporte de mercadorías e de pesca e que sexa incluido como nodo central de transporte marítimo e terrestre.
O Pleno da Corporación insta á Xunta e ao Goberno Central a que Vigo, que se atopa dentro das resdes españolas de Alta velocidade no traxecto Vigo-Ourense , sexa incluida na rede transeuropea de alta velocidade ferroviaria. O texto, presentado polo grupo socialista, recolle tamén a petición de que solicitar ao Goberno de Portugal que inclúa nesa mesma rede europea o tramo ferroviario Porto-Tui.
Ao mesmo tempo, a moción aprobada hoxe por socialistas e nacionalistas -o PP abstívose- , solicita á Unión Europea a que refaga os seus estudos sobre a rede portuaria europea para percibir a importancia da terminal viguesa no transporte de mercadorías e de pesca e que sexa incluido como nodo central de transporte marítimos e terrestre.
Na mesma liña, deuse luz verde, neste caso por unanimidade, a unha moción do PP instando a esixir ao Ministerio de Fomento a inclusión de Vigo na rede transeuropea de transportes como nó ferroviario prioritario.
Outros acordos
A Corporación local aprobou, tamén por unanimidade, unha moción do BNG relativa ao albergue provisional na antiga Escola de Hostelería, así como outra do PP, na que insta ao Goberno a acometer a obra do colector aliviadoiro de Colón. Por último, os tres grupos municipales deron luz verde a un texto do Partido Popular no que solicitan ao Goberno local que manteña os programas de deporte para maiores.