Comeza o prazo para participar no concurso de "fotografía dixital e microvídeos 25 de novembro"
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de xénero o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o Concurso de Fotografía Dixital e Microvídeos co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.
O concurso abrangue as modalidades de fotografía dixital e microvídeo (non superior aos 3 minutos de duración). As obras versarán sobre calquera aspecto do tratamento e/ou abordaxe da Violencia de xénero.
A modo de exemplo e sen que teñan carácter excluínte, as obras presentadas poderán tratar algún ou algúns dos seguintes aspectos : a prevención e concienciación cidadá; avances producidos neste eido; a complicidade da sociedade; os agresores , manifestacións da violencia
Poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de 16 anos.
O sistema de inscrición e presentación das obras realizarase únicamente a través da web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org, a través dos dous espazos creados na citada web para este concurso:
www.igualdadevigo.org/concursofotografia
www.igualdadevigo.org/concursovideos
O prazo da admisión das obras comeza o día 31 de outubro de 2011, e finaliza o día 20 de novembro de 2011.
Descargar todas as imaxes