Escoitar

O goberno local contrata a construción dunha escola infantil municipal na Doblada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a contratación en Xunta de Goberno Local dunha nova escola infantil municipal en Martínez Garrido 29, para o que o Concello adica 300.000 euros. Trátase do segundo centro infantil contratado polo goberno nunha semana, tras o aprobado o pasado venres para Navia. O rexedor recordou que as escolas de Tomás Alonso e Casiano Martínez están "a punto de abrir".

venres, 28 out 2011
1319803356caballero.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da contratación dunha nova escola infantil municipal, ubicada na Doblada cun orzamento de 300.000 euros.

Trátase da segunda contratada no prazo dunha semana, tras a aprobada pola Xunta de Goberno Local do pasado venres en Navia, para o que o goberno de Vigo adica outros 700.000 euros.

Abel Caballero recordou que as escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez están "a punto de abrir" e continúan os traballos de adaptación da gardería de Mestres Goldar.

Xunto a estas, o Concello de Vigo ten en previsión a construcción de dous novos centros educativos para nenos de entre 0 e 3 anos, unha en Lavadores e a segunda en A Seara. As partidas económicas ao efecto irán incluídas nos orzamentos municipais de 2012.
Descargar todas as imaxes