luns, 24 outubro 2011

Caballero asegura que "a cidade aguantou ben" o temporal, que deixou en Vigo 71 litros por metro cadrado

O alcalde de Vigo afirmou este luns que o dispositivo municipal de emerxencia preparado ante as fortes precipitacións desta fin de semana "funcionou ben", xa que atendeu un total de 155 incidencias, entre a Policía Local, os Bombeiros e a Protección Civil. Vigo rexistrou onte 71 litros de auga por metro cadrado, volume que no aeroporto de Peinador ascendeu aos 106 litros. Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, o máximo pico de precipitacións computadas foi ás 17 horas de onte, cun total de 19,2 litros/m2.

O alcalde di que Vigo ten "poderosas razóns" para figurar na rede europea de portos centrais e pedirá a revisión dos criterios

luns, 24 out 2011

Abel Caballero asegurou este luns que solicitará á Comisión Europea que matice a súa clasificación de portos e incorpore os tráficos de mercancía xeral no seu criterio. O alcalde recordou que o Porto de Vigo move 4 millóns de toneladas ao ano, dos que 3,4 millóns son mercancía xeral, polo millón de A Coruña e Xixón, que si foron considerados terminais nodais. No tocante á clasificación europea, "os criterios non son o suficientemente explícitos", polo que o alcalde confía en incorporar Vigo á rede portuaria central europea.

O Pleno acorda por unanimidade investigar supostas irregularidades dun funcionario

luns, 24 out 2011

Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSdeG e BNG- acordaron este luns, en sesión plenaria extraordinaria, a creación dunha comisión de investigación para esclarecer a actuación dun auxiliar administrativo da Xerencia municipal de Urbanismo, así como a denuncia presentada contra a oferta pública de emprego. O concelleiro de Persoal, Carlos Font, asegurou que a investigación "chegará ata o final".

Abel Caballero dálle a benvida ao novo idrector da Axencia Europea de Pesca

luns, 24 out 2011

O alcalde vigués, Abel Caballero, deulle esta mañá a benvida á cidade a Pascual Savouret, novo director da Axencia Europea de Pesca, destacando a súa traxectoria profesional no control pesqueiro no ámbito da UE. Ao acto tamén asistiron Francisco Fonseca, director Executivo da Axencia Comunitaria de Control da Pesca; Alejandro Polanco, director de Recursos Pesqureos da Secretaría Xeral do Mar; e Rosa Quintana, conselleira do Mar.