martes, 25 out 2011
Abel Caballero reuníuse este martes co colectivo social, a quen garantiulles que a cidade contará cun albergue municipal. Tamén aseguroulles o rexedor que, de adiantarse o frio e non estar o centro de inclusión social dispoñible, o goberno de Vigo abrirá un dispositivo de emerxencia para os sen teito ata a apertura do albergue. O alcalde informoulles do estado das obras no edificio da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, e das xestións en marcha cos Misioneros do Silencio.
martes, 25 out 2011
O alcalde vigués anunciou hoxe martes a disposición do Goberno municipal de facer inversións en instalacións deportivas entre o parque de Navia e as vivendas. Así o avanzou llo trasmitiu aos membros da asociación veciñal Teixugueira, durante un encontro no que tamén lles trasladou a negativa do Concello a recepcionar o parque ata que a Xunta non subsane as deficiencias das que informaron técnicos municipais.
martes, 25 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe á representación céltica que participou este verán no Campionato do mundo sub 19 de baloncesto feminino, en Bangkok (Tailandia), e que obtivo a medalla de prata con España. Carlos Colinas (seleccionador), Marina Delgado (xogadora) e Mario Muñoz (preparador físico) acudiron a Alcaldía acompañados polo vicepresidente do Celta Bosco, Carlos Álvarez, destacando a súa "satisfacción polo recoñecemento municipal ao noso éxito", explicou Colinas.
martes, 25 out 2011
A concelleira de Igualdade, Chus Lago, e representantes do Consello Municipal da Muller de Vigo presentararon hoxe martes en rolda de prensa a iniciativa Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero, coa que se pretende formar unha gran cadea humana contra o machismo o vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No acto participaron tamén tres dos "Enlaces" que xa sumáronse a esta iniciativa: o cantante Nicolás Pastoriza, a música Patricia Moon e a pívot do R.C. Celta de Baloncesto, Deborah Rodríguez.
O obxectivo da campaña municipal é garantir a seguridade dos menores
martes, 25 out 2011
Entre o 13 e o 30 de setembro, os axentes levaron a cabo un total de 33 inspeccións nos vehículos e o persoal de 13 centros escolares da cidade. Nunha segunda fase, a Policía Local realizará unha nova revisión nos coches, condutores e empresas que presentaran algunha anomalía.