Escoitar

Caballero informa do pago de 10,8 millóns a Miraflores para facer fronte a unha operación "nefasta" dos anos 90

O goberno local, a través da Concellería de Economía e Facenda, rubricou este martes a orde de pago dos 10,8 millóns dunha sentenza xudicial derivada dunha operación urbanística "nefasta" adoptada nos anos 90. O alcalde apuntou que estas "actuacións equivocadas" de gobernos anteriores deberían ser explicadas polos seus responsables, e recordou que é o executivo que encabeza o que fai fronte ás indemnizacións.

martes, 25 out 2011
1319544236alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe martes da sinatura da orde de pago dos 10,8 millóns de euros a Miraflores, dando así cumprimento a unha sentenza xudicial derivada dunha actuación municipal dos anos 90.

Abel Caballero asegurou que tratouse dunha operación urbanística "nefasta" para os intereses da cidade e apuntou que o goberno de Vigo que dirixe é o único en facer fronte ás consecuencias destas "actuacións equivocadas". Ademais da indemnización de Miraflores, o alcalde recordou que o actual executivo vigués adica 1,4 millóns a outra sentenza xudicial dos taxis e outros 2 millóns polo Camiño de Seara, no ámbito de López Mora.
Descargar todas as imaxes