Escoitar

Chus Lago presenta a campaña "Enlaza Vigo" contra a violencia de xénero

A concelleira de Igualdade, Chus Lago, e representantes do Consello Municipal da Muller de Vigo presentararon hoxe martes en rolda de prensa a iniciativa Enlaza Vigo contra a Violencia de Xénero, coa que se pretende formar unha gran cadea humana contra o machismo o vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No acto participaron tamén tres dos "Enlaces" que xa sumáronse a esta iniciativa: o cantante Nicolás Pastoriza, a música Patricia Moon e a pívot do R.C. Celta de Baloncesto, Deborah Rodríguez.

martes, 25 out 2011
1319544756chus.jpg
Enlaza Vigo é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para o desenvolvemento dunha gran cadea humana na cidade o vindeiro 25 de novembro de 2011, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con esta iniciativa querese que a cidadanía exprese o seu clamor contra a Violencia de Xénero e a súa esixencia a todos os poderes públicos, medios de comunicación e sociedade en xeral dun compromiso real e unha implicación decidida para combatir o terrorismo machista.

O 25 de novembro ás 11 horas a cadea humana terá dous puntos de encontro: o frontal do Museo de Arte Contemporáneo na rúa Príncipe, e a praza do Rei, diante do Concello de Vigo. Na cadea situaranse 600 siluetas de muller, en representación e homenaxe ás vítimas da Violencia de Xénero que se contabilizan desde 2003 en España ( datos do Ministerio de Igualdade). Deste xeito simbólico, preténdese facer visible a traxedia que representa o terrorismo machista.

Descargar todas as imaxes