O Pleno acorda por unanimidade investigar supostas irregularidades dun funcionario
Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSdeG e BNG- acordaron este luns, en sesión plenaria extraordinaria, a creación dunha comisión de investigación para esclarecer a actuación dun auxiliar administrativo da Xerencia municipal de Urbanismo, así como a denuncia presentada contra a oferta pública de emprego. O concelleiro de Persoal, Carlos Font, asegurou que a investigación "chegará ata o final".
Os tres partidos políticos con representación no Concello de Vigo acordaron este luns por unanimidade crear unha comisión de investigación para esclarecer a actuación dun auxiliar administrativo da Xerencia municipal de Urbanismo e a denuncia presentada contra a oferta pública de emprego.
Segundo marca a normativa, a devandita comisión estará conformada por catro representantes do grupo municipal do Partido Popular, outros catro do Partido Socialista e un do Bloque Nacionalista Galego, presidida polo alcalde, integrantes que deberán ser propostos á Secretaría xeral nun prazo máximo de dez días.
Unha vez definidos os membros da comisión, e tras unha enmenda de engádega presentada polos nacionalistas, a primeira reunión desta terá que ser convocada no prazo máximo dunha semana.