Escoitar

Caballero avanzou que o bus eléctrico do Casco Vello será circular e funcionará "ininterrumpidamente"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que o autobús eléctrico do Casco Vello funcionará "ininterrumpidamente" e terá un percorrido circular. O rexedor mantivo hoxe xoves unha reunión con representantes veciñais e, segundo indicou, estes amosaron a súa satisfacción co proxecto.

xoves, 27 out 2011
1319717430cascovello.jpg
O Casco Vello terá un autobús eléctrico que funcionará "ininterrumpidamente" cun percorrido circular. Unha vez que os veciños coñeceron e amosaron a súa satisfacción durante un encontro co rexedor, o primeiro edil avanzou o percorrido: Rúa Real; Sombrereiros; Elduayen; Abeleira Menéndez, Paseo de Granada; Ronda de don Bosco; Blein Budiño; José María Álvarez Blazquez; Amor Ruibal; Hispanidade; Camelias; Paseo de Granada; Ronda de don Bosco; Doctor Cadaval; Porta do Sol; Elduayen; Paseo de Alfonso XII; Santa Marta; Torrecedeira; Severo Ochoa; Jacinto Benavente; Auditorio Mar de Vigo- Beiramar; Rúa Real.

Segundo indicou, a duración estimada do percorrido será de 40 minutos, cunha lonxitude de 6,5 kilómetros. O prezo do billete será de 1,17 euros, o mesmo que custa calquera autobús urbano.
Descargar todas as imaxes