Os comedores escolares desenvolven o programa "Pescado la Mar de Sano"
Este venres 28 os 31 comedores escolares que xestionan as Anpas dos centros públicos de educación infantil e primaria, no marco do convenio de colaboración que ten asinado o Concello de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as (FOANPAS), acollerán a xornada didáctica "Pescado la mar de sano" de fomento do consumo de peixe entre os 2.300 escolares usuarios deste servizo complementario.
Esta iniciativa didáctica que promove a Asociación de Armadores de Vigo, co patrocinio do "Fondo de Regulación y Organización del Mercado de los Productos de la Pesca y Cultivos (FROM)", traballa na procura de acadar nos nosos escolares un modelo de alimentación saudable e equilibrado, onde se aumente a frecuencia do consumo de productos do mar pola súa excelente calidade nutricional.
Baixo o lema desta iniciativa didáctica de divulgación e educación alimentaria, preténdese incluir e consolidar na dieta dos comedores escolares as 4 racións semanas de peixe que recomendan as Administracións e Institucións de Saúde. O desenvolvemento do programa contempla a realización dunha serie de obradoiros educativos que son apoiados a través de distintos recursos didácticos como un video divulgativo, láminas para colorear, posters, e fichas de actividade, que achegan aos escolares ao mundo da pesca, ás artes de pesca, ás diferentes especies mariñas e ao respecto polo medio mariño e sostibilidade do sector pesqueiro como un factor de vital importancia para o futuro.