Escoitar

O Verbum amosa 6 propostas emerxentes coa palabra como eixo principal

O museo Verbum amosa desde o día 27 de outubro a terceira edición do ciclo "6x6 Punto de encontro" que consiste na presentación de seis espectáculos de 18 creadores e creadoras emerxentes que teñen a palabra como eixo común. O espectáculo de hoxe, "A palabra falada" correrá a cargo das artistas Arantza Villar, Patxi Valera e Fredy, e terá lugar a partir das 20:30 horas.

xoves, 27 out 2011
1319716462cartelseis.jog.JPG
6x6 Punto de Encontro convértese ano tras ano nun referente nos procesos de investigación e creación nas artes performativas cun claro espírito performático, xa que cada unha das propostas presentadas están contempladas para espazos específicos do Verbum (Casa das Palabras) sendo unha soa "representación", unha experiencia única e irrepetible, na que se interconectan artistas de disciplinas artísticas diferentes que previamente non tiñan traballado entre si.

Esta proposta permite cada xoves ás 20:30 asistir á presentación dun traballo en proceso (work in progress) de tres creadores/as de eidos artísticos diferentes, reunidos para esta ocasión. Así pois convidámosvos a gozar destes xermes artísticos que se están a xerar en Vigo, no Verbum, cada xoves (do 27 de outubro ao 1 de decembro) sempre ás 20:30., e de xeito gratuito.

A segunda intervención artística será o 3 de novembro, "A palabra imaxe",dos artistas Marcos de la Fuente, Borja Fernández e Alfonso Duránn. A seguinte será "A palabra movemento" , o día 10 de novembro, que mostrará o traballo de Alberto Rolan, Rubén Abad e Carlota Pérez. A cuarta, o 17 de novembro, terá como eixo "A palabra sonora", de Juanjo Figueroa, Girish Gordon e Toni Salgado. O día 24, "A palabra escrita" con Uxía P. Vaello, Pepa Yáñez e Roi Adrio. A última sesión será o xoves, 1 de decembro "A palabra signo" con Tayone, Davilde Salvado e Rocío González.
Descargar todas as imaxes

Máis información