O alcalde anuncia a contratación da humanización de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde á contratación da urbanización da rúa Severino Cobas, composta por tres fases que iniciaranse ao mesmo tempo cun orzamento de 3,5 millóns. Abel Caballero tamén informou do acordo adoptado polo goberno de Vigo que permite a apertura do aparcadoiro soterrado de Areal e da humanización en superficie.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este xoves do acordo adoptado polo goberno local para contratar a humanización de Severino Cobas, cun investimento de 3,5 millóns de euros máis o custo das expropiacións realizadas.
Segundo explicou Abel Caballero, a obra realizarase en tres fases que darán comezo de xeito simultáneo, levando adiante a mellora dunha das "grandes entradas estruturais na cidade de Vigo".
O alcalde recordou que o goberno de Vigo ten en marcha a tramitación de humanizacións por valor de 20 millóns de euros, nas rúas Nicaragua, Menéndez Pelaio, Doutor Marañón, Aragón, Martínez Garrido, Brasil, Juan Ramón Jiménez, Pintor Colmeiro e Ramón Nieto. Caballero amosouse "moi satisfeito de poder decirlle á cidade que imos continuar" coas reformas de viais para construir un Vigo "sostible", ao tempo que xerando "miles de postos de traballo".
Aparcadoiro de Areal
A Xunta de Goberno Local tamén concedeu o permiso necesario para proceder á apertura do estacionamento soterrado de Areal, xunto coa humanización da superficie. Caballero indicou que o tráfico xa fóra restablecido con anterioridade e "funcionando francamente ben" e felicitou á empresa polo traballo realizado.
Tras esta reforma, o alcalde explicou que completarase a humanización de todo o entorno coa reforma de Areal no treito entre Oporto e Serafín Avendaño, ademáis dos acondicionamentos en Inés Pérez de Ceta e a rúa Pontevedra.
Descargar todas as imaxes