xoves, 3 nov 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu quince días ao Concello para a "inmediata execución da sentenza firme" imposta no ano 2000, anulando o estudo de detalle e a licenza concedida polo goberno local en 1995 e 1996, respectivamente. "Como facemos sempre, obedecermos os mandatos" xudiciais, indicou o rexedor, quen adiantou que Urbanismo estudará a situación dos tres edificios afectados co novo Plan Xeral en vigor.
xoves, 3 nov 2011
Caballero explicou que os técnicos de Urbanismo e das empresas contratadas pola empresa promotora do edificio colindante e dos inmobles afectados da rúa Colombia continuarán durante uns días estudando o alcance dos danos na estrutura dos números 18 e 20 da rúa Colombia. O alcalde indicou que as inspeccións continuarán ata o luns e o goberno local manterá os realoxos ata a finalización das prospeccións técnicas.
xoves, 3 nov 2011
O alcalde transmitiullo a Luis Espada no transcurso dunha reunión celebrada este xoves, despois de solicitalo aos goberno municipais no cumio de valedores locais celebrado o mes pasado en Granada. Abel Caballero garantiu que os orzamentos de 2012 non recortarán partidas para política social e engadiu que, "lamentablemente" a Xunta si recortou máis dun 10% para dependencia en Vigo.
xoves, 3 nov 2011
Tonhito de Poi trae a Vigo o seu "Monólogo musicado", a medio camiño entre un concerto acústico e un monólogo.O espectáculo será o venres, 4 de novembro, ás 21 horas no Auditorio Municipal.
xoves, 3 nov 2011
Do 4 ó 26 de novembro organízase no MARCO a XXI edición do festival de Cultura e Creatividade Dixital ArtFutura 2011n que este outono ten por titulo "Repasando o Futuro" para explorar os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media e a cultura dixital.Do seu programa audiovisual destaca o documental "Connected" de Tiffany Shlain sobre a incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas.Ademáis ArtFutura 2011 ten como protagonista especial un dos novos documentais sobre cultura dixital: "Press, Pause, Play", así como a nova obra de animación de Rosto ("The Monster of Nix").