Escoitar

O alcalde remite unha carta ao Comisario europeo instándolle a aceptar a alternativa estatal ao tax lease

Abel Caballero anunciou este xoves o envio dunha carta ao Comisario europeo da Competencia, Joaquin Almunia, indicándolle que sería un "gravísimo erro" rexeitar a alternativa española ao sistema fiscal do tax lease, e causaría un "dano irreparable" no naval vigués. Para o alcalde, Almunia está "obrigado" a aceptalo ou a propor unha alternativa transitoria que permita aos astaleiros continuar operando ata a resolución definitiva do conflicto.

xoves, 3 nov 2011
1320324392alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, abondou que a decisión europea non pode beneficiar ao país denunciante -Holanda- xa que alteraría a competencia.

Recordou Caballero que a proposta do Goberno de España é "transitoria" ata a resolución definitiva da denuncia presentada por Holanda. O alcalde afirma que este proceso provisional pode causar un "dano irreversible" ao naval vigués, pese a que a decisión final sobre o tax lease poida ser favorable aos intereses españois.

O rexedor apuntou que "cremos que o tax lease actual é legal" e, de non ser así, o obxectivo da Comisión Europea ten que ser adecuar o sistema fiscal á legalidade, polo que Almunia está "obrigado" a propor unha alternativa que permita traballar aos astaleiros vigueses e españois, ou a aceptar a proposta polo Goberno de España.
Descargar todas as imaxes