O alcalde confía en que os informes técnicos estean rematados o xoves para decidir sobre os edificios desaloxados da rúa Colombia
Abel Caballero explicou que hoxe mércores están inspeccionando polo miúdo os tres inmobles os técnicos municipais e as empresas contratadas polos propietarios dos mesmos e pola promotora do edificio colindante, informe que rematarán entre esta tarde e mañá xoves e sobre o que o Concello tomará unha decisión definitiva. O Concello xa comunicou aos veciños afectados a folla de ruta.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores que os informes técnicos sobre os tres inmobles da rúa Colombia estará concluído esta tarde ou mañá xoves, tras o que o Concello tomará unha decisión definitiva.
Segundo apuntou, os técnicos do Concello de Vigo e os das empresas contratadas polos veciños afectados e pola promotora do edificio colindante están actualmente inspeccionando polo miúdo os números 18, 20 e 22 da rúa Colombia. Os informes elaborados polas partes serán trasladados e empregados polo goberno local para adoptar decisións sobre esta situación.
Explicou Caballero que os presidentes das tres comunidades de veciños xa foron informados polo Concello desta folla de ruta e dirixirase tamén aos realoxados para comunicarlles que continuarán en hoteis ata mañá, á espera das medidas definitivas.
O alcalde recordou que o goberno municipal reubicou a un total de 18 persoas, dos bloques 18 e 20 da rúa Colombia, quince adultos e tres menores; o resto de afectados foron acollidos en fogares de familiares e amigos.
Descargar todas as imaxes