Charla do ciclo "Muller con Historia": Kate Millet
Este xoves, 3 de novembro ás 19 h, Beatriz Suarez Briones impartirá unha charla sobre "Kate Millet", dentro do ciclo MULLERES CON HISTORIA que acolle o Centro de Documentación e Recursos Feministas
KATE MILLET (1934- Escritora estadounidense, autora dunha das obras máis importantes do feminismo desta época: "Política sexual" (1969). Millet analiza as vinculacións entre a diferenza sexual e as relacións de poder. Según Millet, o carácter patriarcal da sociedade fai que os costumes envolvan relacións de dominio e, por tanto, estean impregnadas de política. A análise do patriarcado que levou a cabo Kate Millet supuxo unha gran achega teórica para as novas orientacións que o movemento feminista desenvolveu a partir dos anos setenta.
Relatora:
Beatriz Suárez Briones Profesora de Teoría da Literatura na Facultade de Filoloxía e Tradución da
Universidade de Vigo. A súa liña de investigación prioritaria é a teoría feminista nas súas interseccións coa teoría da sexualidade, a psicanálise e a literatura de mulleres.
A charla terá lugar o xoves, día 3 de novembro, ás 19 horas nos locais do no Centro de Documentación e Recursos Feministas, R/ Joaquin Yáñez 6, 2º andar
Descargar todas as imaxes