Abel Caballero anuncia que as tuneladoras do AVE reanudan mañá xoves a súa actividade
O alcalde asegurou que o Ministerio de Fomento reactivará as tuneladoras e continuarán funcionando as 24 horas do días e os sete días da semana ata a finalización do traxecto. Caballero adiantou que "haberá molestias" por ruidos e vibracións pero a decisión de non paralas responde ao criterio técnico, para ter todas as "garantias de seguridade". Lebre e Miñoca completarán os 400 metros que restan en aproximadamente un mes desde a reactivación.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Ministerio de Fomento reanudará mañá xoves a actividade das tuneladoras do AVE, que completarán en aproximadamente un mes os 400 mestros que restan por perforar.
Tal e como explicou, as máquinas operarán as 24 horas e os sete dias da semana ata finalizar o traxecto e ser extraídas á altura da rúa Navarra. Esta decisión de Fomento responde ao criterio dos técnicos do Ministerio, en aras de ter todas as "garantías de seguridade" para os veciños, xa que unha interrupción engadiría "incertidume".
A primeira tuneladora reiniciará o seu traballo mañá xoves desde Travesía de Vigo, mentres que a segunda dará comezo en 15 días desde a rúa Aragón, afirmou Abel Caballero, quen adiantou que este mércores ten lugar unha reunión dos funcionarios municipais de Urbanismo cos responsables técnicos de Fomento para ultimar os detalles da posta en marcha.
Caballero recordou que "tomáronse toda as precaucións" por parte do Goberno de España para asegurar o benestar da veciñanza e adiantou que a reanudación da actividade das tuneladoras causará ruidos e vibracións nas vivendas -"haberá molestias", concluíu- pero dentro da "normalidade" que garanten os responsables do Ministerio.
O alcalde de Vigo enfatizou que a finalización dos túneles amosan que a Alta Velocidade está na cidade e que unha obras de máis de 200 millóns de euros está chegado á súa finalización.
Descargar todas as imaxes