O alcalde di que os veciños seguirán realoxados ata que finalicen as inspeccións dos edificios da rúa Colombia
Caballero explicou que os técnicos de Urbanismo e das empresas contratadas pola empresa promotora do edificio colindante e dos inmobles afectados da rúa Colombia continuarán durante uns días estudando o alcance dos danos na estrutura dos números 18 e 20 da rúa Colombia. O alcalde indicou que as inspeccións continuarán ata o luns e o goberno local manterá os realoxos ata a finalización das prospeccións técnicas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou hoxe xoves que o goberno local manterá aos veciños dos números 18 e 20 da rúa Colombia realoxados ata que os técnicos determinen o alcance dos danos na estrutura dos devanditos edificios.
Segundo revelou, os expertos revisaron o buraco aberto na zona dos rochos e decidiron por consenso proceder á limpeza e apontonamento do entorno para poder examinar pormenorizadamente os danos e a súa posible afección aos cimentos das edificacións.
Caballero dixo que os técnicos decidiron tamén realizar unha cata no patio entre os dous edificios para estudar a profundidade e natureza da cimentación, así coma o estado do terreo. Acordaron tomar medidas de emerxencia para evitar a entrada de auga na zona, ante a previsión metereolóxica adversa.
Expuxo o primeiro edil que estes traballos levarán algúns días polo que ata o luns non estará rematado o informe técnico e, mentres tanto, o goberno local continuará realoxando aos veciños afectados.
Caballero quixo "advertir moi seriamente" á empresa promotora do inmoble colindate, aparente causante dos danos, para que "empece a actuar" e repoña a seguridade dos edificios anexos. Nesta cuestión "entre privados", o Concello é "garante" do benestar dos veciños, explicou.