Escoitar

Urbanismo concedeu licenza para a construción da nova sede da Tesorería Xeral da Seguridade Social

O alcalde informou que a Xerencia municipal de Urbanismo deu conta este venres da licenza concedida á Tesorería para a súa nova sede en García Barbón con Rosalía de Castro, na antiga Metalúrxica, obra cun orzamento do Goberno de España de 18 millóns. Ademais, Urbanismo concedeu hoxe licenzas por valor de case medio millón de euros.

venres, 4 nov 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deu conta este venres da licenza outorgada á Tesorería da Seguridade Social para a construción da súa nova sede en Vigo.

Explicou Caballero que o inmoble construirase na confluencia de García Barbón con Rosalía de Castro, no solar da antiga Metalúrxica, cun orzamento do Goberno de España de 18 millóns de euros. O alcalde apuntou que a obra "arrincará de forma inmediata" e subliñou a xeración de emprego que conlevará.

Por outra banda, o rexedor indicou que Urbanismo informou favorablemente á solicitude das empresas que constrúen o novo hospital de Vigo para a instalación dunha liña de media tensión, polo que "cumprimos coa nosa obriga".

En terceiro lugar, Abel Caballero explicou que a Xerencia deu licenzas por valor de medio millón de euros. Urbanismo concedeu 21 autorizacións, dúas de novas edificacións, cun investimento de 370.000 euros, ademais doutras seis de actividade cun orzamento de 116.000 euros.