Un estudo do Valedor do Cidadá en 35 cidades europeas sitúa a Vigo entre as máis limpas e seguras
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, referiuse este venres ao estudo dirixido polo profesor Luis Espada, que reflicte que Vigo vai "moi ben", en verbas do rexedor, en materia de seguridade e limpeza, "dous temas centrais" da actividade do goberno local. O análise realizado pola Valedoría inclúe a 35 cidades europeas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o estudo do Valedor do Cidadá indica que a cidade vai "moi ben" en materia de seguridade e limpeza.
Explicou Caballero que o estudo dirixido por Luis Espada analiza e compara a 35 cidades europeas, entre as que Vigo destaca nestes "dous temas centrais" da actividade do goberno de Vigo. "Do seu estudo dedúcese que somos unha das cidades máis seguras de Europa", observou Caballero, dato que fai extensivo á limpeza.