venres, 11 novembro 2011

Urbanismo inicia o desenvolvemento dun ámbito urbanístico en Samil de 65.000 m2 e o 48% de vivenda protexida

venres, 11 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, deu conta hoxe venres dos acordos adoptados na Xerencia municipal de Urbanismo, entre os que se atopa o inicio do procedemento para a tramitación e aprobación do planeamento de desenvolvemento do ámbito de 65.000 metros cadrados fronte ás pistas deportivas de Samil. Explicou Caballero que a cidade recibirá 10.000 m2 de zonas verdes e 550 prazas de aparcamento públicas.

Caballero adianta que a próxima semana comezan os traballos de humanización de Severino Cobas

venres, 11 nov 2011

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os plans de seguridade e saúde das obras de humanización de Severino Cobas, o último trámite administrativo previo ao inicio desta reforma por valor de 3,5 millóns, que o alcalde datou na próxima semana. O goberno de Vigo tamén validou a contratación de 18 mulleres vítimas de violencia de xénero por un importe de 210.000 euros.

O Concello estuda reclamar xudicialmente á Deputación os 621.000 euros que debe a organismos vigueses

venres, 11 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, adiantou este venres que os servizos xurídicos municipais estudan fórmulas para reclamar por vía xudicial á Deputación de Pontevedra os 450.000 euros da débeda contraída co Museo MARCO de Vigo, os 90.000 euros coa Fundación ProVigo e os 81.000 euros coa Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI). O rexedor recordou que é unha "obrigación" do ente provincial coas devanditas institucións.

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

venres, 11 nov 2011

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos: 13,20 e 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.

ANUNCIO DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E MICROVÍDEOS: "25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero-2011"

venres, 11 nov 2011

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero-2011, que se conmemora o día 25 de novembro, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan este concurso, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.

Festa 9º aniversario do MARCO <br />

venres, 11 nov 2011

O domingo 13 de novembro, o MARCO cumpre nove anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o venres 11, sábado 12 e domingo 13 de novembro terá lugar a festa do 9º aniversario, cun programa de actividades para públicos de todas as idades. Para esta especial ocasión, o museo permanecerá aberto ao público nun horario máis amplo do habitual, incluíndo a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 da mañá do sábado ata as 03.00 do domingo, e reanudándose dende as 11.00 ata as 21.00 do domingo.

Auditorio Municipal "Tulipáns", Dloira

venres, 11 nov 2011

Danza, teatro, cine mudo... rompen a relación entre o espectador e o bailarín de "Tulipáns", unha obra na que esa barreira se traspasa para ser entre todos unha parte activa da obra.Esta é a proposta da compañía de danza Dloira para o espectáculo que representará o sábado 12, no Auditorio Municipal, ás 21.00 horas.

Magosto na praza do Berbés

venres, 11 nov 2011

A concellería de cultura colabora coa Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", na organización do Magosto que terá lugar o sábado 12 de novembro na praza do Berbés, a partir das 18 horas.