Escoitar

Auditorio Municipal "Contraaccións", Carrallada Show

A prohibición de relacións amorosas entre empregados dunha mesma empresa centra a obra teatral "Contraaccións", da compañía Carrallada Show, que se representa o venres día 11 de novembro no Auditorio Municipal ás 21 horas.

xoves, 10 nov 2011
1320931786auditorio.jpg
Na primeira entrevista recórdaselle a Enma que no parágrafo 5 da páxina 3, no contrato que asinou, lese claramente que están prohibidas as relación románticas e por suposto sexuais entre os empregados, supostamente para poder salvagardar condutas inxustas e discriminatorias.

Pero no terceiro dos 14 encontros, os feitos dan un xiro mórbido, a directora lle pregunta sobre unha cea romántica que o seu compañeiro Darren di que gozaron xuntos.

Os acontecementos empezan a ser preocupantes cando a directora pregunta a Enma sobre as súas relacións sexuais como si de un estrito cuestionario de traballo se tratase.

Enma está saíndo con Darren.Cre que está namorada.A súa xefa opina que está incumprindo o contrato. Hai que resolver a situación.



Compañía: Carallada Show
Xénero: Teatro Contemporáneo
Idade recomendada: público adulto
Autor: Mikel Bartlett
Dirección: Pilar Massa
Adaptación: Lucy Collin
Escenografía: Rafael Garrogós e Pilar Massa
Deseño de iluminación: Francisco Ariza
Vestiario: Rafael Garrigós
Elenco artístico: Goizalde Núñez
Idioma: castelán
Duración: 60 minutos
Prezo: 7 euros
Descargar todas as imaxes

Máis información