Escoitar

Abel Caballero revela que o goberno local estuda un borrador de convenio para ubicar o albergue en Marqués de Valterra

O alcalde indicou este xoves que avanza o proceso para establecer o centro municipal de inclusión social na sede das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra, tras o que adiantou que actualmente estuda un borrador de convenio. Caballero explicou que non parará os traballos de adaptación da Escola de Hostelería ata que se concrete a primeira opción.

xoves, 10 nov 2011
1320931435alcalde2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este xoves que o goberno que preside traballa nun borrador de convenio para establecer o albergue definitivo na sede das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra.

Sería un centro cunhas 50 camas que atópase "en moi bo estado", indicou, ainda que Caballero quixo ser cauteloso pois "as cousas non van mal" pero o acordo non está pechado. De feito, e mentres o acordo non sexa rubricado, o Concello continuará cos traballos no inmoble da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, por si a opción de Marqués de Valterra non se materializa "nun prazo breve".
Descargar todas as imaxes