Escoitar

O alcalde presenta a cuarta edición de Stockaxe, que agarda a visita de 25.000 persoas esta fin de semana

Abel Caballero asistiu este mércores ao IFEVI para presentar a cuarta edición da Feira de Liquidación de Stocks, que terá lugar este sábado e domingo en Cotogrande. A organización agarda a presenza de 25.000 persoas durante as dúas xornadas -en horario continuado de 10 a 21 horas- e a instalación de case un centenar de stands. O alcalde eloxiou aos comerciantes por "como tiran da cidade".

mércores, 9 nov 2011
1320854776stockaxe.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este mércores a cuarta edición da Feira de Liquidación de Stocks, Stockaxe, que terá lugar esta fin de semana no IFEVI.

A organización do evento agarda a presencia dunhas 25.000 persoas durante a xornada do sábado e domingo -en horario ininterrumpido de 10 a 21 horas-, e estima a participación de case un centenar de expositores. O prezo da entrada será dun euro e gratuito para os menores de 12 anos.

O evento naceu co obxectivo de ofrecer artículos de calidad a bos prezos, facilitando a eliminación de stock aos comerciantes de distintos sectores. Haberá unha zona infantil no recinto feiral e restaurante con prezos especiais para os visitantes.

Caballero felicitou aos comerciantes de Vigo por "como tiran da cidade" nunha "época tan difícil", que está a afectar singularmente ao comercio minorista. Defendeu dar "todos os apoios que estean nas nosas mans" ao sector en Vigo, polos "miles e miles" de postos de traballo que xera. "A nosa obriga é estar ao seu lado", explicou, tanto neste acontecemento como en "todas as iniciativas" que procuren "fórmulas imaxinativas" orientadas a potenciar ao comercio.
Descargar todas as imaxes