O alcalde adianta que os servizos xurídicos municipais estudarán persoarse contra a decisión da Xunta de introducir o copago sanitario
Abel Caballero cualificou de "gravísimo" que a Xunta de Galicia abra a posibilidade de cobrar aos usuarios dos servizos médicos públicos e avanzou que "vou actuar contra esta norma" para que "sexa retirada". Trasladará ao departamento xurídico do Concello esta decisión autonómica para que estude o Concello persoarse contra a mesma.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que é unha "ameaza tremenda" que a Xunta de Galicia poida cobrar aos usuarios da sanidade pública galega e apuntou que "vou actuar en contra desta norma" facendo "todo o que estea en mans do alcalde para que esto sexa retirado".
A Xunta de Galicia acaba de abrir a posibilidade de que os usuarios teñan que pagar polos servizos médicos no caso de actuar con "irresponsabilidade", un "eufemismo" para o alcalde porque "quen determina se o uso é irresponsable e onde está o catálogo de irresponsabilidades?".
Trátase para Caballero dunha decisión "gravísima" porque os cidadáns "non imos saber se podemos dirixirnos a urxencias de xeito gratuito" ao non existir un catálogo. "Como se determina a responsabilidade e irresponsabilidade dun acto médico?", pregúntase o alcalde: "o teñen que retirar inmediatamente".