O Concello albergará a presentación pública da Fundación Irene Megias contra a Meninxite
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á dirección galega da entidade, que está a implantarse en Galicia a través de Vigo co obxectivo de divulgar os síntomas da enfermidade e dar apoio ás familias dos afectados. O rexedor sinalou que en 10 ou 20 días terá lugar a presentación pública da actividade desta Fundación nas propias dependencias municipais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este xoves coa dirección galega da Fundación Irene Megias contra a Meninxite, unha entidade de ámbito nacional que estase a implantar en Galicia.
A Fundación Irene Megias contra a Meninxite presentarase oficialmente en Vigo nun acto público que terá lugar no propio Concello de Vigo en 10 ou 20 días, segundo revelou Abel Caballero. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro de carácter independente e de ámbito nacional que quere contribuir á erradicación da meninxite e da sepsis, así como a previr e paliar os seus efectos, en tanto non se atopen remedios definitivos contra estas enfermidades, en todas as súas variantes.
Esta entidade procura difundir o coñecemento sobre as causas, tratamento e prevención desta doencia, fomentar a investigación científica, asesorar e apoiar ás familias afectadas pola mesma e sensibilizar á opinión pública sobre as secuelas e danos provocados pola meninxite.
A Fundación proponse realizar distintas actividades para acadar os fins anteriomente descritos, como prestar un servizo de atención a través de liña telefónica, asistencia psicolóxica para os afectados, patrocinar e investigar novas liñas de investigación, promover actos públicos para favorecer o intercambio de coñecementos e crear fontes de información e formación para as familias e a sociedade.
Descargar todas as imaxes