Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 10 nov 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 11 DE NOVEMBRO DE 2011.



1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 4 de novembro do de 2011.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta das Sentenzas e Autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Decreto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 175/11. Demandante: C.P. SAN ROQUE, Nº 89. Obxecto: Silenzo administrativo, denuncias por contaminación acústica a C.S. e E da Doblada.(Expte: 15888/423) Desestimento da demandante.

b) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 7/2011 interposto por D. ANTONIO AMOEDO GARCIA contra Sentenza do X. Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A: P.A. 146/2010, sobre xubilación parcial.Estimado o recurso.

c) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 253/11. Demandante: MAPFRE e outro. Obxecto: Resolución do 4 de xullo do 2011: estimación e imputación reclamación patrimonial (Expte: 2759/243). Desestimado o recurso.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 147/11. Demandante: D. JAVIER PÉREZ LOZANO. Obxecto: Resolución do 10/03/2011-sanción de tráfico (Expdte: 108749689) Desestimado o recurso.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 249/11. Demandante: D. FERNANDO MARTINEZ GARCÍA E OUTRO. Obxecto: Resolución do 22/03/201, reclamación patrimonial (Expte: 3057/243). Desestimado o recurso.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 170/11. Demandante: D. FRANCISCO JAVIER ENTENZA DURÁN. Obxecto: Resolución do TEA Concello de Vigo. Estimado o recurso.

g) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 245/2011. Demandante: D. ANTONIO REDONDE BARRERA. Obxecto: Resolución do 5/04/2011, sanción de tráfico (Expte: 108734166). Estimado o recurso.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 292/11. Demandante: D. EDUARDO SILVA MARTÍNEZ. Obxecto: Resolución do 20/10/2010.Sanción de tráfico (Expte: 108694325). Estimado o recurso.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.O. 463/2010. Demandante: Dª. LUZ D. MARQUEZ GARCÍA. Obxecto: Resolución do 18/08/2010, reclamación patrimonial (Expte: 1980/243) Desestimado o recurso.

k) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 15013/2011 interposto por BAIA-FONDO INMOBILIARIA, S.L contra Auto do X. Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A: P.O. 446/2009, desestimatorio de rec. de súplica en relación con resolución do TEA do Concello de Vigo – Constrinximento, IBI. Desestimado o recurso.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 103/2011. Demandante: C.P. DE GARCÍA OLLOQUI, Nº 8.Obxecto: Desestimación presunta da reclamación económica-administrativa.Resolución do 3/09/2009 (en reposición/sobre liquidación). Estimado o recurso.

m) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 176/2011 p.o. Demandante: "CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS". Obxecto: Resolución do 30/03/2011. Obras de ampliación da rede de abastecemento de augas no Morrazo (Expte.: 92/440).Rematado o procedemento.

n) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.O. 515/10. Demandante: D. CARLOS RIVAS DACOSTA E UNHA ASEGURADORA. Obxecto: reclamación patrimonial (Expte: 2394/243) Estimado parcialmente o recurso.

o) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 203/2011. Demandante: "GESTIO Y PROCURATIO, S.L." Obxecto: Resolución desestimatoria do 11/02/2011-reclamación patrimonial (Expte. 1760/243) Desestimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
3.- Prórroga do convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Vigo para o desenvolvemento do Programa Xantar na Casa. Expte. 68683/301.

4.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Benestar Social durante os meses de agosto a outubro de 2011. Expte. 69353/301.

DEPORTES
5.- Proxecto de convenio entre a Concellería de Deportes e o R.C. Celta de Atletismo para o proxecto de actividades do seu equipo de Elite na tempada 2010-2011. Expte. 10717/333.

6.- Proxecto de convenio entre a Concellería de Deportes e o Club Atletismo Feminino Celta para o proxecto de actividades do seu equipo de elite na tempada 2010-2011. Expte. 10718/333.


EMPREGO
7.- Proxectos de convenio de colaboración entre o Centro de Estudios Informáticos, Contables y Administrativos S.L. , Estudios Mega S.L. e o Concello de Vigo para o desenvolvemento das prácticas de alumnos dos cursos AFD (Accións formativas para desempregados). Expte. 8587/77.

IGUALDADE
8.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación de Mulleres Progresistas para a execución do proxecto de intervención e apoio familiar coas usuarias da rede municipal de vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero. Expte. 5125/224.

INTERVENCIÓN XERAL
9.- Xustificantes de libramentos.

10.- Dar conta da resolución da concelleira delegada da Área de Economía e Facenda na que dispón as "Operacións de peche do exercizo orzamentario 2011". Expte. 101857/140.

MEDIO AMBIENTE
11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Medio Ambiente durante o mes de outubro de 2011. Expte. 8029/306.




RECURSOS HUMANOS
12.- Dar conta da resolución sobre renuncia voluntaria da interina Dª Margarita Sisto Ramos. Expte. 22490/220.

13.- Dar conta da resolución sobre autorización de reingreso da traballadora municipal Dª María Xosefa Porteiro García. Expte. 22483/220.

14.- Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo municipal, en execución do acordo plenario de 26/09/2011, de modificación do cadro de persoal orzamentario. Expte. 22440/220.

15.- Proxecto de convenio de cooperación en materia de formación entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Vigo. Expte. 22468/220.

16.- Anexo ao plan de autoprotección Concello de Vigo: Instruccións para uso Auditorio Municipal. Expte. 22495/220.

17.- Dar conta da resolución sobre a prórroga no servizo activo de D. Basilio Costas Fernández. Expte. 22496/220.

18.- Nomeamento de dous funcionarios interinos por acumulación de tarefas, como subalternos/as. Expte. 22494/220.

SEGURIDADE
19.- Adxudicación de vehículo á Policía Local para a vixilancia e control do tráfico na cidade. Expte. 81398/210.

20.- Comisión de Servizo con dereito a indemnización de Dª Rosa Ana Garcinuño Barreiro para asistencia ao X Curso Superior de Dirección Pública Local. Expte. 81372/210.

21.- Devolución de fianza á Entidade Local Menor de Bembrive constituído para a celebración do Festival musical "Arrechégate ao Fento". Expte. 81382/210.

VIAS E OBRAS
22.- Devolución de aval a Promociones Prieto Bouzada S.L. constituído por obras na rúa Sanjurjo Badía nº 115. Expte. 64480/250.

23.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 11 de novembro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 11 de novembro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.