Escoitar

O alcalde, satisfeito pola inclusión do AVE e do Porto de Vigo na Rede Transeuropea de Transportes

Abel Caballero informou hoxe venres da recepción dunha carta do ministro de Fomento, José Blanco, que lle comunica que o Porto de Vigo e o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo están incluídos na Rede Transeuropea de Transportes. Tal e como viña solicitando, o alcalde indicou que por vía corrección de erros subsánase estas ausencias.

venres, 11 nov 2011
1321016180alcalde5.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este venres a súa "satisfacción" pola inclusión do porto e da Alta Velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo na Rede Transeuropea de Transportes.

O alcalde revelou a recepción dunha carta do ministro de Fomento, José Blanco, na que lle comunica esta decisión, que da entrada ao Porto de Vigo e á liña de pasaxeiros do AVE vigués directo con Ourense e Madrid pola vía da corrección de erros, co que os parlamentarios europeos debatirán esta Rede xa coa presenza viguesa no mapa.

Caballero indicou que o escrito de Blanco recorda que o procedemento formal aínda non está rematado pero xa confirma o ministro a inclusión de Vigo na Rede, tanto do aeroporto, como do porto, da terminal loxística da PLISAN, das conexións viarias da AP-9 e da A-52 e da variante de Cerdedo da Alta Velocidade ferroviaria.

O rexedor vigués mantén a demanda de que o Goberno de Portugal tamén inclúa a liña do AVE Oporto-Vigo na Rede Transeuropea.
Descargar todas as imaxes