Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade
A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás proxeccións terań lugar os domingos: 13,20 e 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.
Ao comezo de cada filme proxectarase unha das curtas participantes nas anteriores edicións do Concurso de microvídeos e fotografía dixital que se convocou co gallo da conmemoración do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero". A duración de cada curta non supera os 3 minutos.
As películas que se pasarán son "NAUSICAÄ DEL VALLE DEL VIENTO",domingo 13; "BILLY ELLIOT",domingo 20 e "LILO & STITCH", domingo 27.
Descargar todas as imaxes
As películas que se pasarán son "NAUSICAÄ DEL VALLE DEL VIENTO",domingo 13; "BILLY ELLIOT",domingo 20 e "LILO & STITCH", domingo 27.