Escoitar

Caballero adianta que a próxima semana comezan os traballos de humanización de Severino Cobas

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os plans de seguridade e saúde das obras de humanización de Severino Cobas, o último trámite administrativo previo ao inicio desta reforma por valor de 3,5 millóns, que o alcalde datou na próxima semana. O goberno de Vigo tamén validou a contratación de 18 mulleres vítimas de violencia de xénero por un importe de 210.000 euros.

venres, 11 nov 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, datou para a próxima semana o inicio da humanización de Severino Cobas, que conta cun orzamento total de 3,5 millóns.

O goberno local deu luz verde este venres aos plans de seguridade e saúde das tres fases da obra, que desenvolveranse simultáneamente, completando así a tramitación administrativa previo ao comezo da reforma dunha "das grandes obras de humanización da cidade", segundo afirmou Caballero.

O alcalde puxo de manifestou que, con esta mellora, o Concello da cumprimento a unha das máximas políticas comprometidas polo equipo de goberno, principio polo que "se atende por igual a todo o territorio vigués", sexa o centro urbano ou as parroquias.

Humanizacións
Abel Caballero recordou que continúan os trámites para adxudicar antes de que remate o ano reformas por valor de 15,7 millóns de euros, nas rúas Pintor Colmeiro, Brasil, Nicaragua, Menéndez Pelayo, Doutor Marañón, Juan Ramón Jiménez e as segundas fases das humanizacións de Aragón, Martínez Garrido e Ramón Nieto

Outros acordos
En rolda de prensa tras a celebración da Xunta de Goberno, o rexedor municipal informou da aprobación do proxecto "Apoio á cidadanía na xestión administrativa", en virtude do cal o Concello contrata temporalmente a 18 mulleres vítimas de violencia de xénero para a realización de tarefas administrativas, cun orzamento de 210.000 euros.

Por outra banda, o goberno local validou o proxecto e o plan de seguridade das obras de estabilización do muro de peche lateral do Centro de Educación Infantil e Primaria de Valladares, traballos que comezarán de forma inmediata cun importe de 50.000 euros.