Exposición do XVI Maratón Fotográfico "Concello de Vigo"
A Casa das Artes acolle a exposición das obras do XVI Maratón Fotográfico Concello de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas do Cristo o pasado día 10 de Agosto.
Este concurso que está patrocinado pola Concellería de Cultura contou nesta edición cun total de 150 participantes, 144 en categoría dixital e 6 en analóxico. Os temas foron: "Música", "Emocións", "Vello bello" e "Descentrado".
Con todas as fotos realizadas un xurado seleccionou as mellores series valorando a orixinalidade e calidade das fotos presentadas. Coas mellores 25 series (100 fotos) e unha vez ampliadas, móntase a exposición que se pode ver na Casa das Artes desde o xoves, 10 de novembro.
No mesmo acto de inauguración coñeceuse o fallo do xurado e entregáronse os premios aos gañadores:
1º premio: Victor Castro Pérez - 1.000 euros
2º premio: Sabela Fraga Costa- 400 euros
3º premio: Jose Enrique Simón Estévez- 250 euros
4 accesits de 150 euros a:
Julia Fuentes Bea
Pablo Senra Pérez
Laura Pérez Morán
Jose A. Martínez Campos
Descargar todas as imaxes