O alcalde cifra nun 65% a ocupación do voo Vigo-Londres e espera pechar este mes a ruta para 2012
Abel Caballero desvelou este "nivel moi significativo, moi esperanzador" do voo Vigo-Londres que subvencionou o Concello, do que participaron case 20.000 persoas este ano, con vistas á súa consolidación. O rexedor adiantou conversas con Vueling para establecer a ruta en 2012, acordo que agarda "pechar definitivamente" este mes, sen desbotar a instalación dalgunha outra conexión.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que a ocupación do voo subvencionado polo Concello a Londres obtivo unha ocupación media do 65%.
Tras "contactos informais con Vueling" para valorar a recén rematada campaña de 2011, Caballero indicou que a ruta "acabou cunha ocupación moi relevante", sendo utilizado por unhas 20.000 persoas, un nivel "moi significativo, moi esperanzador" que para o alcalde evidencia que a "aposta" municipal nesta conexión foi "relevante e certa".
O alcalde asegurou que o voo de Londres cuadriplicou a ocupación do subvencionado pola Xunta de Galia a Bruxelas, e adiantou que agarda poder "pechar definitivamente" este mes o acordo coa aeroliña para a próxima tempada de primavera a outono, "quizais para algún outro voo máis".
Os contactos con Vueling auguran "perspectivas moi boas" para o mantemento desta conexión con Heathrow, indicou o alcalde, quen revelou que durante a ponte do día das Letras Galegas a ocupación foi do 100% e no mes de setembro ascendeu ao 71%.
O rexedor municipal dixo que tanto o goberno local como a empresa "estamos seguros que no seguinte ano terá un nivel de ocupación moi superior ao deste ano", de realizar a promoción e a venda de billetes cunha maior antelación á de 2011.
Descargar todas as imaxes