Escoitar

Relatorio sobre o Alzheimer na Casa das Mulleres

A Concellería de Igualdade programa para o mércores, 16 de novembro ás 19.00h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento" ,coa intervención de Luz Pérez Pereira, traballadora social da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA).

martes, 15 nov 2011
Este ciclo enmarcase nas actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012) e ten como obxectivo promover a mellora da calidade de vida e saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas.

A participación en todas as actividades deste ciclo será gratuíta e non require inscrición previa.

Tamén durante este mes de novembro podese visitar na Casa das Mulleres a IX Exposición de Mulleres Pintoras e Escultoras, organizada polo Colectivo Violeta.

A exposición está aberta todo o mes de Novembro en horario de 17,30 h a 21,30h,de luns a venres.