mércores, 16 nov 2011
O alcalde de Vigo recibiu este mércores ao xerente do Mercado do Progreso, quen lle transmitiu a boa marcha das obras co obxectivo de ter finalizada a reforma integral do centro de cara ao verán. Caballero sinalou que "imos intentar que estea acabado no próximo verán", unha obra "importante" que contará con dotación orzamentaria para converter o Mercado nun "lugar de atracción comercial e ciudadano".
mércores, 16 nov 2011
O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores que o goberno local ven de levantar a orde de desaloxo que pesaba sobre edificio número 20 da rúa Colombia, co que os veciños xa poden retornar ás súas vivendas con todas as "garantias" ofrecidas polos técnicos. O realoxo do número 20 da continuidade ao efectuado no número 18 con anterioridade, concluíndo os desaloxos da rúa Colombia.
mércores, 16 nov 2011
O Verbum acolle, un ano máis, unha nova edición do certame de vídeo e curtametraxe Secuencia Cero, que terá lugar os días 17,18 e 19 de novemebro. Durante os días de proxección poderánse ver a selección de obras escollidas, nas que haberá tres categorías: curtametraxe, documental e videocreación.
mércores, 16 nov 2011
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 17 de novembro ás 18.0 horas a proxección do filme "La Caja" de Juan Carlos Falcón. O acto está organizado pola Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos e colabora a Concellería de Igualdade.