A concelleira de Cultura presentou a oitava edición de Secuencia Cero, o certame de vídeo e curtametraxe
O Verbum acolle, un ano máis, unha nova edición do certame de vídeo e curtametraxe Secuencia Cero, que terá lugar os días 17,18 e 19 de novemebro. Durante os días de proxección poderánse ver a selección de obras escollidas, nas que haberá tres categorías: curtametraxe, documental e videocreación.
Secuencia Cero é unha cita xa tradicional na programación municipal que celébrase no Verbum. Este certame centrado no vídeo e a curtametraxe vén celebrándose no Verbum dende a súa terceira edición. Á cita preséntanse máis de 500 traballos e no proceso de selección dos mesmos sempre participan persoeiros de especial relevancia no sector cultural.
Así un ano máis poderemos ver as curtametraxes e documentais de última creación e nos que admiraremos as realidades que nos rodean dende diferentes ópticas. A Videoinstalación que nos recibirá antes de entrar á sala de proxección correrá este ano a cargo do artista Pablo Silva. O fin de festa virá da man do Colectivo Oruga. E os premios para os galardoados serán este ano obra de Cecilio Chaves.