martes, 15 nov 2011
O alcalde estivo presente este martes na visita realizada por técnicos do saneamento de Pequín ao servizo municipal de augas de Vigo, nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. A delegación chinesa puido coñecer de primeira man os pormenores da xestión viguesa da auga e puxeron en común cos responsables vigueses o deseño e as ferramentas empregadas no saneamento.
martes, 15 nov 2011
Abel Caballero entrevistouse co Padre Donaire, dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, a quen garantiu o mantemento do convenio anual polo que o goberno local achega 25.000 euros para o albergue que xestiona o colectivo, ademais de comprometerse a solventar unha débeda que ascendería nun ano a 50.000 que Aqualia lle reclama.
martes, 15 nov 2011
A Concellería de Igualdade programa para o mércores, 16 de novembro ás 19.00h na Casa das Mulleres o relatorio do Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL II": "O Alzheimer: concepto, evolución e tratamento" ,coa intervención de Luz Pérez Pereira, traballadora social da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAGA).