Escoitar

O alcalde asegura que "manteremos e trataremos de incrementar" a achega para o albergue de Teis

Abel Caballero entrevistouse co Padre Donaire, dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, a quen garantiu o mantemento do convenio anual polo que o goberno local achega 25.000 euros para o albergue que xestiona o colectivo, ademais de comprometerse a solventar unha débeda que ascendería nun ano a 50.000 que Aqualia lle reclama.

martes, 15 nov 2011
1321375935misioneros.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que "manteremos e trataremos de incrementar" a cuantía do convenio que asina o Concello cos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres para a xestión do albergue en Teis.

O goberno de Vigo achega 25.000 euros ao colectivo para o mantemento da atención, acordo que Caballero comprometeuse a continualo e, por outra banda, a subsanar unha débeda que ascendería durante un ano a 50.000 euros que lle reclama Aqualia, un consumo de auga que non cobraba anteriormente. Abel Caballero asumiu o compromiso de arreglalo ben sufragándoo a empresa ou ben o propio Concello, xa que o contrario podía conlevar o peche do albergue.
Descargar todas as imaxes